Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4063/2019.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4063/2019, interposto polo Concello de Cambre, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2018 que aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da Vía Ártabra, tramo N-VI-AP9. Clave AC/04/156.01.4.1.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para poderen comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade