Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade a diversas resolucións do 7 de xuño de 2019 polas que se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise público o contido de distintas resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 7 de xuño de 2019, polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Confraría de pescadores

Data da resolución de ratificación dos estatutos

Inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións

Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo

7 de xuño de 2019

Tomo II, libro 60-Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, volume 1

Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilaxoán

7 de xuño de 2019

Tomo II, libro 63-Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilaxoán, volume 1