Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de caducidade da concesión de explotación As Cuartas II, número 4280, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 y 46 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificase á sociedade Valdeorras de Pizarras, S.A. (Valpisa), con último enderezo coñecido en Domiz, 32336 Carballeda de Valdeorras (Ourense) como titular, o acordo de inicio do procedemento de caducidade da concesión de explotación As Cuartas II, número 4280, polas causas previstas nos artigos 81, 92 y 93 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978 que, segundo o seu artigo 109, dá lugar á declaración de caducidade do citado dereito.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015.

No suposto de non efectuaren alegacións no prazo indicado, o acordo de inicio do procedemento de caducidade proseguirá a súa tramitación.

Ourense, 14 de xuño de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense