Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a reforma do mercado de Monte Alto (expediente 631/2019/25).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle de ordenación de volumes no sistema local de equipamento do mercado de Monte Alto. Concello da Coruña. Maio 2019, promovido polo Concello da Coruña e redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P. e asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación do estudo de detalle pode realizarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou ben na sede electrónica do Concello ou no enderezo electrónico: https.www.coruna.gal/urbanismo, no «Visor estado desarrollo PGOM 2013».

A Coruña, 31 de maio de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017, do 28.6.2017)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde responsable da Área de Rexeneración Urbana,
Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible