Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal do Porriño, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, intentada a notificacion a Iñaki Teixeira Rodríguez, propietario do predio que se sinala no anexo, e non podendo realizarse, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmase o interesado de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2019/58-4) se atopa á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas ), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o prazo indicado no parágrafo anterior sin efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día siguiente ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Titular

Concello

A Guía

36039A009006140000DT

Iñaki Teixeira Rodríguez

O Porriño