Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 31 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2019/1476-2 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interés lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 31 de maio de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Destinatario

Parte contraria notificada

PR204A2019/1476-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

Manuel Almodóvar González

PR204A2019/1730-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

José Antonio Fernández Val

PR204A2019/1732-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

Óscar García Rey

PR204A2019/1792-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

José Antonio Fernández Val

PR204A2019/1794-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

Alejandro Tovar

PR204A2019/1818-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

U. Cred. Inmobiliaria

PR204A2019/1823-2

Notificación da resolución estimatoria do dereito

Noelia Pardeiro Fompedriña