Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela de propietario descoñecido ou de propietario ao cal non se lle puido efectuar a notificación (expediente 1458/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Por non poderse efectuar a notificación no domicilio que consta no expediente (por ausente ou descoñecido), faise pública a incoación de expediente de orden de execución polo estado da parcela para a comparecencia dos interesados.

Nº de expediente

Asunto

Propietario

Referencia catastral-situación da parcela

1458/2019

Parcela chea de maleza

Descoñecido

36005B518220250000ZH e sita en Gundiñáns-Saiar

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinar o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, se é o caso, presentar alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 18 de xuño de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente