Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30265

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia y bo goberno,

RESOLVO:

Facer públicos no Diario Oficial de Galicia os premios concedidos ao abeiro da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.480.0.10, proxecto 2015-0003 do exercicio 2018, aos cales se destinaron 12.000 euros do crédito dos 24.000 euros inicialmente previstos, por declararse desertas as modalidades de adultos e infantil do XIII Premio Barriga Verde.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2019

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia das Industrias Culturais

ANEXO

Premio

Premiado/a

Obra

Contía

XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

Avelina Pérez Pérez

Ás oito da tarde, cando morren as nais

6.000 euros

X Manuel María de literatura dramática infantil

Paula Carballeira Cabana

Somos os monstros

6.000 euros