Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 12 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/877-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Concellos: Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Predio

Concello

Titularidade proposta

159

Cabana de Bergantiños

Herdeiros de Asunción Senande Ramos