Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30126

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 11 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

BDNS (Identif.): 462956.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 6 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, o artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e o artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2019, das axudas aos plans de produción e comercialización.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Cuarto. Importe

Para o ano 2019 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 2019.15.02.723B.7801 (proxecto 2016 00326), que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2019. A contía máxima das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 1.559.002,62 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar