Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO206072 e sete máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles os actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada ao interesado.

A Coruña, 9 de maio de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data do acto
administrativo

Nº de expediente

DNI

Citación para o recoñecemento

22.3.2019

CO206072

47369241M

Citación para o recoñecemento

22.3.2019

CO222064

32441274G

Citación para o recoñecemento

22.3.2019

CO221965

14942208M

Citación para o recoñecemento

11.3.2019

CO219686

15031118C

Citación para o recoñecemento

11.3.2019

CO221026

49676304F

Citación para o recoñecemento

13.3.2019

CO214184

32343014T

Citación para o recoñecemento

2.4.2019

CO221350

46903432S

Citación para o recoñecemento

2.4.2019

CO221858

32109528X