Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 21 de maio de 2019 pola que se notifica o requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2014/004, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación do requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2014/004 no último domicilio social coñecido de Juan Luis Benito Garrote, notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado ao interesado o contido do dito acto, como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Antes de ditar a citada resolución de reintegro da subvención e de acordo co establecido no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, concédeselle ao beneficiario da subvención un prazo de dez (10) días hábiles para alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes. Se antes do vencemento do prazo o interesado manifesta a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións, terase por realizado o trámite.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/004.

Nome ou razón social: Juan Luis Benito Garrote.

CIF/NIF: ***3765**.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto adminisrativo: requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial.