Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega de Portos de Galicia |
Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) |
Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
11.1.2019 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Miño |
Reparación, conservación e mantemento da área infantil situada no porto de Miño |
20.2.2019 |
Non ten |
Portos de Galicia e Concello de Pontecesures |
Addenda ao convenio para a actuación de acondicionamento da zona no porto de Pontecesures (convenio asinado o 17.9.2017) |
22.3.2019 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Ribeira |
Execución das actuacións de reordenación do paseo das Carolinas e do parque García Bayón no Concello de Ribeira |
22.4.2019 |
479.139,27 € |