Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto da planta de almacenamento, valorización e eliminación de residuos industriais non perigosos no lugar das Veigas de Almorzar, na parroquia de Bemil, concello de Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Multiservicios Contucho, S.L. (expediente 2017-SC-I-00328).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Estudo de impacto ambiental para a autorización das instalacións dunha planta de almacenamento, valorización e eliminación de residuos industriais non perigosos.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que consideren convenientes, os documentos poderán consultarse en horario de atención ao público:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 42, 4º, 36071 Pontevedra).

– No Concello de Caldas de Reis (rúa Ferrería, 1, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo.

Titular: Multiservicios Contucho, S.L.

CIF: B36449031.

Domicilio social: Soutelo de Arriba-Saiar, s/n, 36650 Caldas de Reis (Pontevedra).

Localización da instalación: lugar das Veigas de Almorzar, s/n, 36650 Caldas de Reis (Pontevedra).

Actividade: valorización de residuos non perigosos.

O proceso consistirá no almacenamento e valorización de residuos procedentes fundamentalmente de actividades asociadas á construción e demolición e componse das seguintes etapas:

• Recepción dos residuos en planta: descarga dos contedores dentro da zona da nave destinada a cribaxe. Análise visual dos residuos recibidos.

• Selección primaria do material: clasificación dos residuos voluminosos e do material limpo para valorizar.

• Tratamento: valorización dos residuos mediante distintos procesos (trituración, prensate, deshidratación ...).

• Selección do material secundario: clasificación e valorización do resto dos materiais mesturados e pequenas fraccións.

• Disposición derradeira: almacenamento dos residuos valorizados para a súa venda posterior como materia prima e envío a xestores autorizados daqueles residuos considerados como refugos.