De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural relativa á revisión cartográfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña), aos interesados que se citan no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 5 de xuño de 2019
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesado |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
76342126C |
Resolución |
Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) |
32792082Q |
Resolución |
Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) |