En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación Intersindical Galega o 20 de maio de 2019,
DISPOÑO:
Que cese, como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Fernando Roberto Acuña Rúa, en representación da Confederación Intersindical Galega.
Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil dezanove
Alberto Núñez Feijóo
Presidente