Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencisoso-administrativo número PO 4081/2019 interposto contra a Orde do 26 de setembro de 2018 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Coles (Ourense), en que se solicita o emprazamento dos interesados no expediente administrativo correspondente.
Para os efectos de cubrir o solicitado no dito oficio, faise constar que o expediente xa foi remitido por este centro directivo á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 13 de xuño de 2019.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que se poidan persoar como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019
Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo