Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal nos ámbitos dos polígonos P.P-1 e P.P-2, no concello de Narón (expediente 2019AAE2303; código 2179/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 5 de xuño de 2019, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal nos ámbitos dos polígonos P.P-1 e P.P-2, no concello de Narón.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático