Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 30 de maio de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 19 (recintos 1, 2 e 4), 22 e 23 (recintos 1, 2, 3 e 4) do polígono 65 do termo municipal de Palas de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural autorizou, mediante a Resolución do 30 de maio de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 19 (recintos 1, 2 e 4), 22 e 23 (recintos 1, 2, 3 e 4) do polígono 65 do termo municipal de Palas de Rei.

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 23 de abril de 2019.

Lugo, 6 de xuño de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo