Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 297/2018-CO e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo, o acto que se indica, despois de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, á norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI da Coruña.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 5 de xuño de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

297/2018-CO

B70021662

Resolución

298/2018-CO

33280982M

Resolución