Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de xuño de 2019, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 25 nova nave, no dominio público portuario de Sada.

Quedando dispoñible no porto de Sada o departamento nº 25 nova nave no dominio público portuario de Sada, procédese a abrir a convocatoria pública para a ocupación do mesmo, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de xuño de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro