Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización para o aproveitamento de recursos da sección A) denominada Celeiro, número 366 no concello de Mondoñedo, provincia de Lugo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai público que, o director xeral de Enerxía e Minas, o 1 de agosto de 2018 asinou a resolución de autorización para o aproveitamento da explotación que a seguir se describe:

Nome: Celeiro.

Número de expediente: 366.

Recurso: Sección A) area caliza e dolomítica.

Termo municipal: Mondoñedo.

Superficie: terreos da parcela 687 do polígono 5 da zona de concentración parcelaria Mondoñedo Norte.

Titular: Canteras Isidro Otero, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 22 de maio de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo