Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29485

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ponse en coñecemento dos interesados que o Pleno municipal do Concello de Aranga, na sesión que se realizou o día 16 de maio de 2019, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O que se expón ao público durante o prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poida examinar o expediente e presentar as alegacións e as reclamacións que se xulguen pertinentes.

Aranga, 23 de maio de 2019

Alberto Platas Álvarez
Alcalde