Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia procedemento para a compra, por concurso, dun inmoble no concello de Cangas con destino a oficina de emprego.

1. Entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: compravenda.

Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa ou planta baixa e primeira planta ou entreplanta, sempre que estean comunicadas interiormente, situado no núcleo urbano do concello de Cangas (Pontevedra), dunha superficie mínima de 590 m2 construídos e máxima de 1.000 m2 e coas demais características previstas no prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 332.739 €.

5. Obtención de documentación e información:

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Edificio administrativo rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51 ou 981 95 78 11.

Fax: 981 54 58 70.

Páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos

Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@xunta.gal

6. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o mes seguinte á publicación do presente anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas:

Data: 1 de agosto de 2019.

Hora: 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas do edificio administrativo da rúa Pastoriza, 8, de Santiago.

8. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda