Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de trámites de audiencia en relación cos expedientes de modificacións do acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou sendo o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar) en Pontevedra. Teléfono: 986 80 54 54.

Pontevedra, 28 de maio do 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente

Interesados

Acto que se notifica

MA-040 (3024/18)

AK6219404

Trámite de audiencia