Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de maio de 2019, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 11-D, no dominio público portuario de Muros.

Quedando dispoñibles no porto de Muros o departamento nº 11-D no dominio público portuario de Muros, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 27 de maio de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro