Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a Resolución do 2 de abril de 2019, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente de concentración parcelaria de Niñodaguia (Baltar-Ourense).

De conformidade co disposto na disposición transitoria sexta, punto 2, da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, faise pública por medio do presente anuncio, a Resolución do 2 de abril de 2019, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Niñodaguia (Baltar-Ourense), afectando dita resolución ao propietario nº 109, monte veciñal en man común de Niñodaguia.

Así mesmo, este anuncio publicarase na web da Consellería do Medio Rural, no xornal de maior tiraxe da provincia e nos lugares de costume.

Para coñeceren o contido íntegro da resolución, os interesados poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, teléfono: 988 38 64 89.

Ourense, 21 de maio de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense