En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dezanove,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, José Alfonso Marnotes González como director xeral de Orientación e Promoción Laboral, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, trece de xuño de dous mil dezanove
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria