Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28512

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 11 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia).

A Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia), publicada no Diario Oficial de Galicia o 16 de abril de 2019, establece, no seu artigo 6, o prazo para a presentación de candidaturas, o cal remata o 17 de xuño de 2019.

Tendo en conta as modificacións introducidas na normativa de aplicación respecto á tipoloxía de premios despois da publicación dun novo decreto, considérase conveniente a ampliación do dito prazo, que non prexudica dereitos de terceiros, co obxecto de impulsar a función de fomento e recoñecemento daquelas empresas que xestionan a súa actuación baixo os principios da RSE.

Polo exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do parágrafo 1 do artigo 6 da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia)

O parágrafo 1 do artigo 6 da dita orde queda redactado como segue:

1. O prazo de presentación das candidaturas finalizará o día 17 de xullo de 2019.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria