Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros nos expedientes de expropiación IN661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía, no concello de Muxía (expedientes IN661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expedientes: IN661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación das instalacións: parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía II.

Concello: Muxía.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

426

Descoñecida

31.7.2019

12.00

511-1

Víctor Abente Lago

31.7.2019

12.00

739

Jesús Sánchez Guzmán

31.7.2019

12.00

740

Jesús Sánchez Guzmán

31.7.2019

12.00

905

Francisco Rodríguez Vázquez

31.7.2019

12.00

929

Veciños de Morquintián

31.7.2019

12.00

949

Descoñecida

31.7.2019

12.00

965

Descoñecida

31.7.2019

12.00

1069

Descoñecida

31.7.2019

12.00