Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28565

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019 pola que se amplían e redistribúen os créditos orzamentarios existentes para a concesión das axudas previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

O 14 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 9, a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para os anos 2019 e 2020.

No artigo 3.1 das citadas bases reguladoras prevese que as subvencións obxecto da devandita convocatoria se financiarán para o ano 2019 cun crédito total de 1.316.668 € e para o ano 2020 cun crédito total de 683.332 €, distribuído nas seguintes aplicacións orzamentarias en función das distintas liñas de solicitantes previstas:

– Na liña 1, 583.334 € para o ano 2019 e 291.666 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 760.0.

– Na liña 2, 533.334 € para o ano 2019 e 291.666 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 770.0.

– Na liña 3, 200.000 € para o ano 2019 e 100.000 € para o ano 2020, con cargo á aplicación 11.A2 761A 781.0.

O artigo 3.2 prevé a posibilidade de ampliar o citado crédito máximo de conformidade co disposto no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o aumento veña derivado das causas establecidas no número 2 do citado artigo, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O artigo 31 do dito regulamento, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Tendo en conta que existe crédito susceptible de ser utilizado para este fin como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, e que no transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas nalgunha das liñas o número de solicitantes foi inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou amplamente a dispoñibilidade orzamentaria, considérase conveniente facer unha redistribución de fondos entre as distintas aplicacións e ampliar o importe inicial para o ano 2019 en 896.900 € e para o ano 2020 en 1.866.400 €, de maneira que se poidan atender un maior número de solicitudes presentadas.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria para o ano 2019 na contía de 896.900 € e para o ano 2020 na contía de 1.866.400 €, polo que o crédito orzamentario total asignado para estas axudas para a anualidade 2019 tras esta ampliación ascende a 2.213.568 € e para a anualidade 2020 ascende a 2.549.732 €.

Segundo. Redistribuír os fondos asignados ás subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo para a anualidade 2019, en función do volume de solicitudes, do seguinte xeito:

Liñas

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamento

inicial 2019

Modificacións

Dotación orzamentaria final 2019

Liña 1

11.A2 761A 760.0

583.334

- 108.100

475.234

Liña 2

11.A2 761A 770.0

533.334

82.000

615.334

Liña 3

11.A2 761A 781.0

200.000

923.000

1.123.000

Total

1.316.668

896.900

2.213.568

Terceiro. Redistribuír os fondos asignados ás subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo para a anualidade 2020, en función do volume de solicitudes, do seguinte xeito:

Liñas

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamento inicial 2020

Modificacións

Dotación orzamentaria final 2020

Liña 1

11.A2 761A 760.0

291.666

38.300

329.966

Liña 2

11.A2 761A 770.0

291.666

506.600

798.266

Liña 3

11.A2 761A 781.0

100.000

1.321.500

1.421.500

Total

683.332

1.866.400

2.549.732

Cuarto. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia