Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28449

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da publicación da Sentenza do 28 de setembro de 2018 no procedemento ordinario 551/2017.

De conformidade coa dilixencia de ordenación do 28.5.2019 procédese á publicación do fallo da Sentenza ditada con data do 28 de setembro de 2018 polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense no procedemento ordinario 551/2017, seguido por instancia do Concello de Verín contra Elvira Rodríguez Carvajales e José Luis Rodríguez Carvajales, cuxo teor literal é o seguinte:

Estimar a demanda interposta polo Concello de Verín representado pola procuradora Sra. Nesperiera en substitución do seu compañeiro o procurador Sr. Álvarez Blanco, e como demandados Elvira e José Luis Rodríguez Carvajales en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 6.043,4 euros máis os xuros segundo o fundamento xurídico terceiro in fine e custas.

Contra a sentenza cabe recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Verín, 5 de xuño de 2019

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde