Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0145/2019-PPM e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0145/2019-PPM e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 29 de maio de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0145/2019-PPM

76991146A

Inicio

A Anunciada, 59, Baiona

PSC-PO-0182/2019-PPM

35464907B

Inicio

Corón, 122, Vilanova de Arousa

PSC-PO-0195/2019-PRE

35417171T

Inicio

Xalda, 3, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0243/2019-PPM

35305882P

Inicio

Saíñas, 1, 2º B, Poio

PSC-PO-0245/2019-PPM

52492846S

Inicio

Montemogos, 67, Bueu

PSC-PO-0250/2019-PPM

73240423M

Inicio

San Xosé, 82, Cangas

PSC-PO-0253/2019-PPM

35245488N

Inicio

Longán, 30, Cangas

PSC-PO-0261/2019-PPM

35417171T

Inicio

Xalda, 3, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0281/2019-PPM

35400904V

Inicio

Alto da Rosa, 8, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0291/2019-PRE

36086235V

Inicio

Santa Liberata, 1, Baiona

PSC-PO-0348/2019-PPM

35561686Y

Inicio

A Granxa, 4, Camposancos, A Guarda

PSC-PO-0356/2019-COP

76988533N

Inicio

Avenida Monterreal, 11, Baiona

PSC-PO-0365/2019-PPM

77421018M

Inicio

Alemaña, 13, Monte Porreiro, Pontevedra