Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de maio de 2019, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VP-C 45/19 e tres máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, do acordo de inicio do procedemento sancionador en materia de vivenda.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de maio de 2019

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 45/19.

DNI/NIE/NIF: 76370158S.

Expediente: VP-C 47/19.

DNI/NIE/NIF: 33220271Z.

Expediente: VP-C 48/19.

DNI/NIE/NIF: 76322731Z.

Expediente: VP-C 55/19.

DNI/NIE/NIF: 32130601S.