Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28168

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 7 de setembro por Resolución do secretario xeral de universidades do 29 de agosto de 2018).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais pola Universidade de Vigo.

Vigo, 16 de maio de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Comunicación en Medios Sociais
e Creación de Contidos Dixitais

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………………

42

Optativas…………………………………...............

0

Prácticas externas…………………………………

12

Traballo fin de máster…………………................

6

Créditos totais……………...

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais

3

OB

Módulo 1: Estratexia

Dirección estratéxica de comunicación dixital

3

OB

Estratexia de contidos

3

OB

Comunicación de crise e reputación dixital

3

OB

Análise de métricas e avaliación da eficacia en medios dixitais

3

OB

Dixital media planning

3

OB

Xestión, edición e publicación de contidos con CMS

3

OB

Módulo 2: Creación

Redacción para medios dixitais e redes sociais

3

OB

Fotografía para web e redes sociais

3

OB

Deseño para medios dixitais

3

OB

Infografía e visualización de datos

3

OB

Desenvolvemento de narrativas audiovisuais en contextos dixitais

3

OB

Creación e distribución de contidos audiovisuais en redes

3

OB

Emprendemento en social media

3

OB

Módulo 3: Emprendemento

Prácticas profesionais

12

OB

Módulo 4: Prácticas profesionais

Traballo fin de máster

6

OB

Módulo 5: Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.