Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos ditados en procedementos competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), para comparecer, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias da Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de maio de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Promociones Mecanocasa, S.L.

Resolución de caducidade de tres cuadrículas mineiras da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Das Lamas 1ª fracción PO/C/2811.1, situada no termos municipais de Lalín e Agolada (Pontevedra)

Ingemarga, S.A.

Resolución de cambio de dominio por fusión por absorción sobre os dereitos mineiros da concesión de explotación Nueva Sierra de Farelo nº 2671.1, situada nos termos municipais de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Ingemarga, S.A.

Resolución de cambio de dominio por fusión por absorción sobre os dereitos mineiros da concesión de explotación Lalín nº 2872, situada no termo municipal de Lalín (Pontevedra).

Extracción Granefa, S.L.

Requirimento no permiso de investigación O Facho nº 2969.

Sandra Sartal Aboal

Resolución de aprobación do proxecto de construción de novos pozos para a captación de augas soterradas en distintas propiedades localizadas en Barro (Pontevedra), solicitado por Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) en nome e representación de Sandra Sartal Aboal e outros.

Alfonso Sabino Gándara

Trámite de audiencia no procedemento para a rehabilitación do espazo afectado pola concesión de explotación Cruz nº 2478, situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).