Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28104

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 29 de maio de 2019 polo que se procede a dar publicidade da resolución do mesmo día sobre selección de persoal para a cobertura temporal de diversos postos de traballo do Consello de Administración da sociedade pública mercantil Xenética Fontao, S.A.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., do 29 de maio de 2019,

RESOLVE:

Primeiro

Proceder á cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro de persoal da empresa mediante o procedemento de apertura, publicidade, baremación, elaboración de listaxes e posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación.

Segundo

Apertura dun prazo para a inscrición na seguinte listaxe:

• Titulados superiores: bioloxía/veterinaria.

Terceiro. Documentación que deberán presentar os interesados

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases publicadas na web de Xenética Fontao, S.A. http://www.xeneticafontao.com/procesos.php

Os candidatos deberán achegar a documentación que se recolle na epígrafe «Documentación para presentar» das correspondentes bases.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse ao director xerente de XF e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas de rexistro de XF, sitas no lugar de Fontao, Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos mediante correo certificado con xustificante de recepción (neste caso, deberase remitir, no mesmo día de presentación da solicitude, vía fax, ao número 982 28 46 26, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o xustificante acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e comisión de selección

A baremación das solicitudes efectuaraa, de acordo coas bases correspondentes, unha comisión de selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A. e formada polas dúas direccións técnicas/xefaturas de área da empresa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.