Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28028

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito Constitucional a Francisco Manuel Caamaño Domínguez.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019 (BOE do 25 de marzo), para a provisión da praza número 19/001 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito Constitucional, Departamento de Dereito Público desta universidade, a favor de Francisco Manuel Caamaño Domínguez, con DNI núm. ***4910**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Manuel Caamaño Domínguez catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito Constitucional, Departamento de Dereito Público desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de maio de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña