Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2019/1261-2 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo na súa condición de parte contraria no procedemento (persoas interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promova, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 20 de maio de 2019

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4 do Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Expediente

Resolución

Parte contraria notificada

PR204A2019/1261-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Juan José Miranda Gómez

PR204A2019/1416-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Bárbara Santamarina Villamil

PR204A2019/1417-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Bárbara Santamarina Villamil

PR204A2019/1511-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Iria Goyanes Pérez

PR204A2019/1708-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Yvonne Juncal López

PR204A2019/1768-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Jorge Leonardo Quiroga Baron

PR204A2019/1771-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Juan Bautista Tatis González