Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia do requirimento da obriga de pagamento.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe da Sección de Inspección e Sancións da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 23 de maio de 2019
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: DP/FP 10/19.
DNI/NIE/NIF: 73258013T.
Expediente: DP/FP 11/19.
DNI/NIE/NIF: 32829888X.
Expediente: DP/FP 12/19.
DNI/NIE/NIF: 32701371V.