Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2019 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Data da resolución: 3.5.2019.

Tipo de trámite: prórroga.

Código da concesión: 13-34-02-C-1.

Obxecto da concesión: o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa.

Porto: Vilaboa.

Concesionario: confraría de pescadores Pedra de Oliveira.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 405,59 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa anuais en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 150,00 m².

Investimento que debe realizar o concesionario: 0,00 €.

Data da resolución: 8.5.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-31-11-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á ocupación dunha caseta anexa á lonxa, para almacén de aparellos de pesca.

Porto: Muxía.

Concesionario: Ana C.B.

Prazo da concesión: 2,5 anos.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 942,86 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio anual en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 60,56 m².

Investimento que debe realizar o concesionario: 0,00 €.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

Juan José Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia