Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón/Xixón

EDICTO (4/2019).

Eu, María del Carmen Villar Sevillano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Xixón, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 4/2019 deste xulgado do social, se ditou a resolución cuxos datos se fan constar a continuación, da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial, e contra a que cabe interpoñer o recurso que se indica.

• Resolución: sentenza de data 18.3.2019.

• Prazo para a interposición do recurso de suplicación: 5 días.

Empresa a quen se notifica: Alldecor Galicia, S.L.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alldecor Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Xixón, 15 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza