Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana, no concello de Láncara (expediente 2019AAE2296; código 2171/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de maio de 2019 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana, no concello de Láncara.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático