Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 496/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 496/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel García Dios contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda presentada por instancia de Daniel García Dios contra a entidade Lineanorte Multiservicios, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade total de 1.519,58 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos e realización de horas extras máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e o taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza