Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de maio de 2019 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 27 de outubro de 2017 (expediente PON/490/2014-A1R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 3 de maio de 2019, ditou resolución polo que se estima o recurso potestativo de reposición interposto por Rita Alonso Virulegio, en nome de Carmen Virulegio Domínguez, contra a Resolución do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, do 27 de outubro de 2017, pola cal se impón unha multa coercitiva en relación coas obras de construción dun garaxe sito na estrada de Ventosela, Asnelle de Abaixo, 20, Reboreda, no termo municipal de Redondela, na provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Carmen Virulegio Domínguez, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dunha cédula no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística