Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infraccións na orde social RL2019/8 e un máis.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia nos expedientes sancionadores por infraccións na orde social (materias: relacións laborais e obstrución), devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditados perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, para os efectos de que poidan formular novas alegacións á vista dos expedientes, que deberán presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, e os expedientes sancionadores quedarán vistos para a proposta de resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición dos interesados no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expedientes: RL2019/8 e RL2019/11.

NIF/CIF: 76929746J.

Enderezo: A Estibada, s/n, 27533 Carballedo (Lugo).

Lugo, 22 de maio de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo