Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, co procedemento abreviado 173/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 173/2019 (procedemento abreviado), interposto por Silvia Ramos García contra a Resolución do 6 de marzo de 2019, da directora xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición interposto fronte a Resolución do 9 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a especialista en saúde mental); (DOG núm. 95, do 21 de maio).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos