De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 21 de maio de 2019, do proxecto Nova planta de fabricación de compoñentes metálicos para a automoción en Mos (Pontevedra), promovido por Benteler Automotive Vigo, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático