Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27354

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

10.000,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

4.000,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

60.000,00 €

15.3.2019

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Maracaibo

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo (Venezuela)

7.000,00 €

20.3.2019

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Puerto de la Cruz

Establecemento dun punto de información e asesoramento nas instalacións do Centro Gallego de Puerto de la Cruz (Venezuela)

7.000,00 €

20.3.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información, asesoramento e atención de necesidades socio asistenciais e sanitarias básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas, Venezuela

50.000,00 €

20.3.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia (Venezuela)

7.000,00 €

20.3.2019

Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Salvador de Bahía (Brasil)

7.000,00 €

22.3.2019

Convenio de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (Fevega)

Mantemento de Oficinas de información e asesoramento dirixidas a emigrantes retornados en Galicia

45.000,00 €

22.3.2019