Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27488

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

Guillermo Evia Pérez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe nas áreas de especial interese paisaxístico Meandros do Lérez e Serra do Cando

Establecer as condicións básicas de colaboración entre os asinantes que, de maneira voluntaria, subscriben e desenvolven o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe nas áreas de especial interese paisaxístico Meandros do Lérez e Serra do Cando mediante a realización das obras necesarias para dar cumprimento ao pacto, mellorando as paisaxes e a calidade de vida dos cidadáns no marco do desenvolvemento sustentable

684.875,00 €,

IVE incluído

8.1.2019